| Novos programas de COMPOSTAXE CASEIRA en Ordes, Carballo e Cerceda |
|
|
|
![]() 22 de febreiro de 2008. ADEGA ven de apresentar os novos programas de COMPOSTAXE CASEIRA nos concellos de Ordes, Carballo e Cerceda. En cada concello instalaranse 50 composteiros que como novidade, estarán concentrados nunha mesma parroquia o en varias próximas para facilitar as visitas e cuantificar a reducción real dos aportes ao sistema de recollida municipal (contentor verde). Nestes programas contaremos coa colaboración da Universidade da Coruña, que fará a caracterización dos residuos e unha posterior analise de metais pesados do compost producido nas casas. O programa de Compostaxe Caseira consiste no reparto, instalación do composteiro, entrega dunManual elaborado por ADEGA e o seguemento durante seis meses do proceso de compostaxe, xá que este período é o que precisan os residuos orgánicos para convertirse en compost. Durante estes meses fanse visitas de seguemento nas que os educadores/as ambientais de ADEGA respostan as preguntas e resolven as dúbidas que poidan xurdir, e expoñen ideas de melloras para o proceso. Con estes programas son xa 18 proxectos destas características os desenvolvidos por ADEGA en todo o país dende que comezara o primeiro no verán do 2002. A súa finalidade é de darlle unha xestión ecolóxica aos residuos orgánicos e así evitar a sua incineración ou verquido, fomentando a reciclaxe. A compostaxe caseira ten desmonstrado neste período ser un sistema eficiente para a xestión domiciliaria dos residuos orgánicos, polo que o concello sae beneficiado tanto ecolóxica como económicamente e cada dia máis persoas interesanse por este sistema de tratamento descentralizado. ADEGA ten instalados a dia de hoxe case mil composteiros noutros tantos fogares galegos, o que atinxe a unha poboación estimada de 4.000 persoas. Durante esta quincena farase a primeira visita aos fogares participantes nos novos programas, nesta visita entregarase a cada fogar o composteiro, buscarase o lugar para coloclo e instalarase. Unha vez no seu lugar entregarase aos participantes un manual de uso do composteiroe daránselle as primeiras indicacións, que se irán completando nas visitas sucesivas.
|






