|
Co comezo do ano a Comisión de Educación Ambiental de ADEGA iniciou unha serie de actividades de formación que pretende aportar coñecementos e capacitar as educadoras amientais nunha sociedade en continuo cambio e evolución. O programa de formación, continuo e aberto, pretende igualmente ser un espazo de reflexión e debate sobre a educación que se está realizando en Galiza e nos resto do estado, así como da educación ambiental que se desenvolve na mesma asociación. As actividades serán diversas e estarán enmarcadas tanto, dentro dos programas que desenvolve a asociación como calqueira temática que sexan de interese para as educadoras, socios, etc,. As sesións mensuais se adaptarán as necesidades e inquedanzas da equipa de educación ambiental así como socias e socios de Adega ou simpatizantes. Charlas, obradorios, saídas, debates, xogos, etc, serán algún dos formatos no que se traduza este foro permanente de formación en educación ambiental.
O pasado luns 19 a equipa de educación ambiental de ADEGA vistou o Punto Limpo de Santiago de Compostela da man do seu responsábel Nemesio poñendo en funcionamento as actividades de formación. Durante a saída puidemos coñecer os 28 tipos de separación dos residuos deste punto limpo, así como, a xestión que se lle da a boa parte deles. A visita responde ao interese da equipa de educación ambiental, xa que habitualmente se lle demanda información a cerca de “a onde vai o meu televisor…” ou “que se fai cun tubo fluorescente”,intentando explicar así e desmentir que nos puntos limpos se elimina directamente o material que chega ata alí ou que son grandes fabricas donde se fai a reciclaxe destos restos como comentan e pensan moitos dos nosos cativos. A visita tamén sirve de formación para as educadoras ambientais de ADEGA que traballan na área de residuos e/ou desenvolven o programa de EA que Adega realiza en colaboración co concello de Santiago de Compostela.
Obradoiros, cursos e debates serán algunhas das actividades que virán para tartar cuestión relacionados coa biodiversidade, enerxía, cosmética natural ou consumo.
|