|
Novo programa de Compostaxe Caseira en Mos |
|
|
|
|
14 de abril de 2008. ADEGA vai comezar un novo programa de COMPOSTAXE CASEIRA no concello de Mos. Neste proxecto que votou a andar o pasado venres instalaranse 50 composteiros que virán sumarse aos 165 existentes. Con este son catro xa os programas que se desenvolven no concello de Mos, que pretende con esta iniciativa fomentar unha reducción real dos aportes ao sistema de recollida municipal (contentor verde), cos beneficios medioambientais e económicos que implica.
O programa de Compostaxe Caseira consiste no reparto, instalación do composteiro, entrega dun Manual elaborado por ADEGA e o seguemento durante seis meses do proceso de compostaxe, xá que este período é o que precisan os residuos orgánicos para convertirse en compost. Durante estes meses fanse visitas de seguemento nas que os educadores/as ambientais de ADEGA respostan as preguntas e resolven as dúbidas que poidan xurdir, e expoñen ideas de melloras para o proceso. Con estes programas son xa 19 os proxectos desenvolvidos por ADEGA en todo o país dende que comezara o primeiro no verán do 2002. A súa finalidade é de darlle unha xestión ecolóxica aos residuos orgánicos e así evitar a sua incineración ou verquido, fomentando a reciclaxe. A compostaxe caseira ten desmonstrado neste período ser un sistema eficiente para a xestión domiciliaria dos residuos orgánicos, polo que o concello sae beneficiado tanto ecolóxica como económicamente e cada dia máis persoas interesanse por este sistema de tratamento descentralizado. ADEGA ten instalados a dia de hoxe case mil composteiros noutros tantos fogares galegos, o que atinxe a unha poboación estimada de 4.000 persoas. Durante esta quincena realizarase a primeira visita aos domicilios participantes, nesta visita entregarase a cada fogar o composteiro, buscarase o lugar para colocalo e instalarase. Unha vez no seu lugar entregarase aos participantes un manual de uso do composteiroe daránselle as primeiras indicacións, que se irán completando nas visitas sucesivas.
|