| Practicando dúas das 3 R en Lousame: a reducción e a reciclaxe |
|
|
|
|
A reducción no tocante os residuos, case nunca é entendida nen asimilada polos mais cativos e menos polos maiores. Por iso, é un dos aspectos que mais se traballan no Programa de Educación Ambiental da Mancomunidade de concellos do Barbanza.. Ademais na regra das 3 Rs, a REDUCCIÓN é a primeira da lista por orde de importancia e eficacia a hora de tratar o noso lixo.Para practicala, sería mellor aplicar e inventar un novo refrán referente os residuos que podría dicir “o lixo que non se crea, nin se destrúe nin se transforma”. E así o fixemos estas semanas nos diferentes centros de ensino de Lousame!!!
Os alumnos de cuarto e quinto de Primaria do Colexio María Asumpta en Noia xa participaron o ano pasado no programa « O lixo dende o teu concello » así que para comezar falamos dos residuos en xeral e repasamos todos estes conceptos, sobre todo a reducción dos residuos en orixe. Despois dun repaso comprobamos que as nocións básicas eran ben integradas, e tocaba adiviñar se a práctica era tan ben asimilada. Para isto participaron nun xogo cooperativo “ A nosa compra” e aprenderon a reducir o seu lixo domestico facendo unha compra responsable.
Pensado cal é a mellor compra entre tantos produtos? A reciclaxe, esta palabra é coñecida por todos os rapaces e polo tanto moitas veces se confunde con outros conceptos, como a separación ou a reutilización. Para que as cousas quedasen mais claras decidimos poñer as nosas mans na masa, directamente reciclando papel. A actividade foi emocionante para os alumnos de primeiro e segundo de Primaria do CPI Cernadas de Castro de Lousame, xa que era a primeira vez que o facían: transformar o papel usado nun novo, listo para darlle uso. Acompañados das profesoras, saíron da sala ca súas follas de papel ben feitiñas, orgullosos tanto polo resultado final como por colaborar no tratamento dos residuos a vez que salvaban algunhas árbores
Rompendo xornais vellos para facer a pasta de papel
Para solicitar a participación no Programa, os centros de ensino e demais entidades pertencentes a Mancomunidade do Barbanza, poden enviar a ADEGA a inscripción remitida pola Mancomunidade a todolos concellos ou ben directamente poñerse en contacto ca persoa responsable do Programa: Marga Miguens - Responsable de Educación Ambiental Xeral Tlfno:680 903 203 email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|







