Mollate polos humedais. Móllate polas lagoas de Xuño e Muro PDF Imprimir Correo-e
cartaz.jpg
A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha actuación proposta polo Proxecto Ríos e ADEGA no marco da iniciativa “MÓLLATE POLOS HUMIDAIS”. Estas actuacións realizaranse con motivo da celebración no 2011 do 40 cabodano da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado; desenvolvendo no estado cinco actuacións simultáneas o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas en Galiza. Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto desenvolver nesas datas diversas actuacións encamiñadas a mellorar o estado ecolóxico de dous humidais protexidos; nomeadamente nas lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña).

 

 

 

As intervencións pretenden divulgar os seus valores e problemáticas realizando actuacións dirixidas á eliminación de especias exóticas invasoras. Os traballos realizaranse con voluntariado ambiental coordinados por persoal técnico do Proxecto Ríos-ADEGA, seguindo en todo momento as indicacións que establezan os servicios de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, dacordo cos protocolos para a erradicación de especies exóticas invasoras.

Como actuacións previas para dar a coñecer a acción que se desenvolverá o día 2 de febreiro realizaranse:

-Charlas divulgativas para dar a coñecer os valores e as problemáticas dos humedais costeiros e para presentar as actuaciones á población local e fomentar a sua participación na acción central do dia 2 de febreiro.

-Actividades cos centros educativos cercanos: Realizaranse actividades (charlas, talleres e salidas.), destacando a importancia dos humedais e a sua conservación.

Con esta acción pretendese involucrar tamén á comunidade educativa no proxecto.

Baixa a Tarxeta humidais  coa información do acto Tarxeta_humidais_2011.pdf Tarxeta_humidais_2011.pdf

PROGRAMA

09.00 Saída dende Santiago de Compostela

10.00 Parada en Porto do Son

10.30 Chegada: presentación da actividade

10.30 Roteiro polas lagoas 12.00 Comezo dos traballos de eliminación

14.00 Xantar

15.30 Continuación dos traballos

17.00 Remate dos traballos e foto de grupo

17.30 Regreso

As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro poden apuntarse no seguinte enderezo:

Ramsés Pérez Coordenador de Programas de Educación Ambiental de ADEGA

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Telf: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 50

 
Sitio feito con Joomla! e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala.
Joomla! é software libre baixo licencia GNU/GPL.