|
|
|
Retorna despois do nadal o Programa “O Lixo Desde o Teu Concello” |
|
|
|
|

ADEGA seguirá realizando actividades co seu programa de Educación Ambiental nos centros escolares da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza agora que rematou o nadal . Os centros de ensino que ainda non fixeron a súa solicitude ainda podem facelo .
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
|
|
Ler máis...
|
|
Comprobamos o resultado do composteiro comunitario de Fene |
|
|
|
|
O pasado martes 27 de decembro comprobamos se xa tiñamos compost no composteiro comunitario de Fene.
Este composteiro foi instalado a finais de abril no parque da Volta do Castro, no mes de agosto chegou ao límite da súa capacidade e ampliamos a área de compostaxe cun novo composteiro de 320L, abrimos o composteiro grande pola parte inferior, extraímos o material que estaba en proceso de convertirse en compost e o trasladamos ao composteiro pequeno para que continúe o proceso até a maduración. Este martes procedimos a apertura do composteiro pequeno e xa tiñamos o compost maduro!! Os nosos residuos xa se transformaran en compost, un produto semellante a terra do monte que serve como fertilizante para o xardín ou a horta. Este composteiro asume todos os residuos orgánicos do comedor do ASPANEPS (aproximadamente 20 persoas) ,os residuos de varios veciños e veciñas da Volta do Castro e tamén os restos vexetais no parque e do cemiterio. Residuos orgánicos que esquivan as fauces da incineración en SOGAMA e son devoltos ao solo no mesmo lugar ónde se producen, en forma de nutrintes.
|
|
Ler máis...
|
|
ADEGA amósache outra maneira de vivir o nadal!!
Descarga o caderno Por un nadal máis verde picando na imaxe

|
|
A compostaxe comunitaria chega ao concello de Poio |
|
|
|
|
Hoxe 20 de decembro procedemos a instalar a área de compostaxe comunitaria en Poio. Exactamente está instalada xunto o ximnasio na explanada da seca na Reiboa e consta dun composteiro de 1.400L, unha zona de recepción de material vexetal dos parques e un panel con información sobre a compostaxe.
Hoxe tivo lugar o curso de formación aos voluntarios e voluntarias que se encargaran de coidar o composteiro e dar información as veciñas e veciños da zona. Neste caso os voluntarios é o alumnado do curso de saúde e mente coa súa educadora ao fronte. Moitos dos voluntarios xa coñecían a compostaxe xa que o fan de xeito tradicional nas súas casas, polo que son uns expertos no aproveitamento dos residuos orgánicos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 22 |